Composición1

Fernando VII desembarcou en Valencia en abril de 1814, coincidindo coa publicación do Manifesto dos Persas, un escrito público de apoio ao absolutismo. O decreto de Valencia, de 4 de maio de 1814 supuxo un golpe de estado: restaurou o poder absoluto do monarca e aboliu toda a lexislación das Cortes de Cádiz(doc. 1)
A política aplicada consistiu nunha volta ao pasado: restauración da Inquisición, os antigos consellos, a Mesta, os gremios, o réxime señorial, etc.
A represión significou o cárcere, o desterro ou a pena de morte para os líderes da revolución liberal. Perseguiuse con máis intensidade aos liberais ca os afrancesados. Resultado disto foi o primeiro exilio da España contemporánea.

Producíronse unha longa serie de pronunciamentos militares entre 1814 e 1820(doc. 2). Aínda que só tivo efecto o golpe do 1 xaneiro de 1820, en Las Cabezas de San Juan, dirixido por Rafael de Riego, que ao principio non recibia apoios, pero a revolución estendeuse rapidamente, e o 7 de marzo de 1820, Fernando VII tivo que xurar a Constitución de 1812(doc.3), comezando así o trienio liberal.

Estableceuse un sistema de liberdades políticas: liberdade dos presos políticos, supresión definitiva da Inquisición, eleccións as cortes e a creación da Milicia Nacional.
Foi un período de reformas políticas e económicas  baseadas nas normas das cortes de Cádiz. Tivo dous vehículos de expresión: a prensa que proporcionou pluralidade ideolóxica e liberdade de expresión; e as sociedades patrióticas, que trataban a actualidade política e social.
O liberalismo dividiuse en dúas tendencias: os liberais moderados que se comprometían coas antigas clases, defendían un senado aristocrático, maior poder do rei e control da prensa; e os liberais exaltados que querían volver a constitución de 1812.

O intento de golpe de Estado da Garda Real do 6 ao 7 de xullo de 1822 cambiou o signo de esta etapa. A partir de ese momento formáronse gobernos exaltados e aumentou a presión internacional sobre o réxime constitucional. Nese contexto, a Santa Alianza deciciu intervir e Francia enviou un exército, os Cen Mil Fillos de San Luis, que invadiu España en abril de 1823. O 1 de outubro de 1823 Fernando VII restauraba o seu poder absoluto e ordenaba unha persecución implacable contro os liberais.
Poucos días antes de regresar a Madrid, como rei absoluto, Fernando VII ordenou executar o xeneral Rafael de Riego, símbolo da revolución de 1820(doc.4).
Os primeiros anos foron dunha acentuada represión política. Moitos liberais abandonaron España. En total exiliáronse entre 15000 e 20000 persoas, entre elas, o máis selecto da clase media ilustrada e liberal. Case todos fuxiron ao Reino Unido, único país con monarquía constitucional. Tras a revolución de París en xullo de 1830, moitos trasladáronse a Francia. Desde un e outro país, conspiraron para derrocar a Fernando VII.
O aparello represivo absolutista articulouse en catro instrumentos básicos:
  1. A Superintendecia Xeral de policía
  2. O corpo de voluntarios realistas
  3. Os tribunais de xustiza
  4. As xuntas de Fe

A represión, marcada pola persecución e o absolutismo deu lugar a década ominosa.

Comentarios